ComarcaSobrado
Tendencia

Sobrado organiza esta fin de semana o congreso “Sentir do Norte”

O Concello de Sobrado organiza o 4 e 5 de maio a convención “Sentir do Norte”. O obxectivo desta iniciativa é impulsar as oportunidades turísticas e económicas do Camiño do Norte. Esta será a segunda edición do congreso “Sentir do Norte” e celebrarase no Mosteiro de Santa María de Sobrado.

O evento ten como finalidade promover e dinamizar a economía e o turismo do municipio. Tamén servirá para potenciar os recursos que ofrece a ruta do Norte na etapa que discorre por Sobrado. De feito, Sobrado conta con dous Patrimonios da Humanidade: o Mosteiro de Santa María e o propio Camiño do Norte.

O rexedor destacou que “a celebración de congresos coma este son importantes para dar a coñecer aos veciños e veciñas o patrimonio do noso municipio. Ademais, tamén é a forma de proxectar os nosos recursos cara o exterior”, dixo.

Programa

No congreso “Sentir do Norte” abordaranse as diferentes experiencias e oportunidades turísticas do camiño do Norte. Así, o programa incluirá charlas e actividades de lecer.

Unha das ponencias destacas será a do día 4 ás 17.30 horas, sobre os Retos e Oportunidades do Xacobeo 2021. Entre as actividades de lecer está programada unha visita ao recén inaugurado Museo Bea Rey, que será o domingo ás 12.00 horas. Tamén está previsto o percorrido dun tramo do Camiño, a partir das 17.30 horas do domingo.

O programa inclúe tamén unha parte formativa, como un taller de Redes Sociais para negocios locais que se impartirá o domingo ás 10.00 horas.

A celebración deste congreso enmárcase nun plan turístico impulsado polo Concello. No marco deste proxecto conseguiuse, entre outras medidas, instalar unha pantalla táctil de información turística na fachada da Casa Consistorial. Dentro do mesmo plan elaborouse unha guía de turismo e novos planos do municipio.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas