ComarcaSada
Tendencia

Sada organiza dez roteiros gratuítos de sendeirismo por tramos do Camiño de Santiago

SendereAndo no Camiño é un programa promovido polo Concello de Sada para percorrer o patrimonio natural e cultural a través de dez roteiros de sendeirismo que transcorren por tramos do Camiño de Santiago

O Concello de Sada organiza dez roteiros gratuítos que transcorren por diferentes tramos do Camiño de Santiago. Neles poderán participar os veciños e veciñas do municipio que se inscriban antes do 7 de abril.

Nas inscricións terán preferencia as persoas empadroadas en Sada. No caso de superar as 50 persoas inscritas realizarase un sorteo o día 8 de abril ás 10.00 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

A primeira saída será o domingo 14 de abril e transcorrerá polo tramo de Negreira do Camiño Fisterra-Muxía. É un tramo de 14 quilómetros de dificultade media. Na ruta poderán participar maiores de dez anos mais deben ir acompañados dun adulto. A saída é gratuíta e inclúe o transporte, o seguro e guías. As persoas participantes na actividade deberán levar a súa propia comida.

Os roteiros desenvolveranse entre abril deste ano e febreiro do ano próximo. A primeira ruta é o Camiño Fisterra-Muxía nos tramos de Negreira, Fisterra e Cee. A segunda, a Vía da Prata no tramo de Silleda. Seguiralle o Camiño Primitivo por Castroverde. Despois o Camiño Francés entre Arzúa e Melide. O Camiño Portugués por Caldas de Reis, o Camiño Inglés no tramo de Mesía e, por último o Camiño Norte por Baamonde.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas