Deportes
Tendencia

Primeira medalla nacional para o Club Náutico Ría de Betanzos

O 16 e 17 de marzo padexeiros junior, senior e veteráns do Ría de Betanzos participaron en Sevilla no Campionato de España.

Pablo Fernández Presas

O sábado 16 celebráronse as eliminatorias sobre a distancia de 2000 metros. Cabe destascar que se clasificaron todos os betanceiros agás un, por unha marxe moi pequena de tempo, para as finais.

Na xornada de sábado celebráronse pola tarde as finais directas dos veteráns. Adolfo Monteagudo foi 4º e Neftalí Paraje (Nef), 36º na categoría de 40-44 anos. José Vía (Che) foi 10º na de 65-69 anos.

O domingo 17 foron as finais de 5000 metros. A padexeira Irene Lata acadou o Subcampionato de España Sub17 en k1 junior. Nesa mesma categoría, Gema Alonso foi 17º e Andrea Rodríguez 61º. A outra muller que participou foi Laura Pérez que qedou 19º en K1 Senior.

En canto ós homes, Darío Rodríguez foi 65º en K1 Junor, despois dunha caída. Iván Fernández 27º en K1 Sub23. José García (Pulpe) 24º en C1 senior e Adolfo Moteagudo 41º e Marcos Cascallares 56º en K1 Senior.

Ademais, no apartado de clubes, o Ría de Betanzos acadou o posto 23 de 96 clubes participantes.

Por outro lado, os cadetes e infantís desprazáronse o día 2 ás instalacións David Cal de Verducido (Pontevedra). Participaron no Campionato Galego de Inverno. Ata alí desprazáronse 22 padexeiros obtendo moi bos resultados. Moitos deles, sobre todos os infantís, debutaban nesta categoría cunha distancia nova para eles. Destaca o 5º posto de Joaquim Fragoso e o 22º de Diego Fernández en K1 cadete home. Tamén o 5º posto de Carla Fernández en K1 cadete muller. Joaquím, Diego e Carla, representarán ó clube no Campionato de España de Inverno de Xóvenes Promesas en Arcos de la Frontera (Cádiz).

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas