ComarcaOza-Cesuras
Tendencia

Pepe Piña presenta o seu segundo disco en solitario: “Caminos de Tierra”

Pepe Piña Actuará o 12 de abril en Café Lanzós en Betanzos. O seu novo traballo leva por título “Caminos de Tierra” e proximamente gravará con Mandeo Records un vídeo clip

Natural de Laxe pero afincado en Oza dende hai uns quince anos, o cantautor Pepe Piña acaba de iniciar a xira de presentación do seu segundo disco en solitario, “Caminos de Tierra”, que presentará en Café Lanzós de Betanzos o vindeiro 12 de abril ás 22.30 horas.
Tralo éxito da súa actuación no Club do Mar de A Coruña, o 22 de marzo, agarda repetir en Betanzos a boa acollida que “Caminos de Tierra” está colleitando. Este é o seu segundo traballo en solitario despois de “Con el paso cambiado”, editado en 2015.

Letras comprometidas

“Caminos de Tierra” está formado por once temas propios e outros sete instrumentais nos que sustitúe a voz pola guitarra. “O disco anterior era máis sentimental, neste traballo as letras son máis comprometidas, cun compoñente social, nas que se abordan temas como a violencia de xénero, a pobreza, a marxinación e tamén o amor e o desamor”, explicou o compositor, quen subliñou que “Caminos de Tierra” refírese “á facilidade con que se percorre o camiño cando o día é bo e o penoso que pode chegar a ser cando coas adversidades se enche de lama e de pedras… vén a ser unha metáfora da vida”, dixo.
O proxecto comezou a fraguarse nada máis rematar a xira do seu primeiro disco “Con el paso cambiado”, hai catro anos que o levou a percorrer Galicia, Cantabria, León e outras localidades actuando en salas e pubs de diferentes lugares da xeografía galega e española.
O disco e dous cortos de promoción graváronse no estudio do betanceiro Dani López, Mandeo Records. E con el prepara tamén a próxima gravación dun video clip sobre un dos temas do disco “En mil pedazos”, no que se trata a violencia contra a muller. A gravación realizarase en localizacións de Betanzos e da comarca.
Pepe Piña contou nesta ocasión cos músicos Cristóbal Castro (batería), Iván Vázquez (baixo eléctrico e guitarra eléctrica), Miguel Martínez “Rulos” (saxo, clarinete e traveseira) e Gonzalo Piña (baixo eléctrico).

A movida dos 80

A traxectoria musical de Pepe Piña é longa e iniciouse coa movida dos 80 en grupos como “Semen Up”, xunto a Alberto Comesaña e varios músicos de Lugo como Tino López e Jorge del Río, co grupo “Clave de Fado” do que é fundador, “O Carro”, “Triceratops”, “Haceros de él Norte”, “Cosecha Roja” ou “Taninos Maduros Jazz Band”, formacións das que formou parte xunto a outros coñecidos músicos.
Este segundo disco en solitario que agora presenta é o séptimo na súa carreira e proximamente estará á venda en Betanzos. Ademais da presentación en Café Lanzós, ten previsto pechar proximamente unha segunda actuación en Betanzos, en colaboración co Concello da que aínda non ten data confirmada.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas