ComarcaOza-Cesuras

Oza-Cesuras rende homenaxe aos seus maiores na Festa da Terceira Idade

Uns 700 maiores participaron na Festa da Terceira Idade de Oza-Cesuras. Os actos comezaron ás 13.00 horas coa celebración dunha misa seguida dun xantar.

A sobremesa estivo amenizada por unha actuación musical e houbo tamén baile. Aos actos acudiron o alcalde, Pablo González Cacheiro, e a corporación municipal de Oza-Cesuras.

Durante o evento rendeuse homenaxe a cada unha das seis persoas que cumpriron os 90 anos entre a pasada Festa da Terceira idade e a deste ano. Así, cada unha das persoas nonaxenarias recibiron unha placa conmemorativa.

Dacordo co principio de solidaridade e exemplaridade co resto de concellos, os asistentes á festa contribuiron coa  cantidade de 3 euros por persona.

Por outro lado, o concello de Oza-Cesuras agradeceu a colaboración da agrupación de Protección Civil de Betanzos e da Asamblea Comarcal de Cruz Vermella Betanzos na celebración do evento.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas