ComarcaOza-Cesuras

Oza-Cesuras aproba un orzamento de case 5 millóns de euros para 2019

O alcalde, Pablo González Cacheiro, di que o orzamento está elaborado seguindo un criterio de prudencia. Asegura que é un presuposto realista e con miras a garantir os servizos básicos.

O Pleno do concello de Oza-Cesuras aprobou o orzamento municipal para 2019 que ronda os 5 millóns de euros. O alcalde, Pablo González Cacheiro, subliñou que se trata dun presuposto “elaborado cun criterio de prudencia, realista e co obxectivo de garantir os servizos básicos prestados polo Concello”.

Pablo González destacou que o orzamento de 2019 busca “potenciar un concello residencial e por iso as bonificacións aos veciños nos servizos básicos teñen unha presenza moi importante”. Tamén incidiu na importancia do fomento do emprego. Por iso se inclúen medidas destinadas a colaborar coas iniciativas económicas que se queiran instalar no municipio, explicou.

Ademais, destacou o seu carácter social. Anunciou melloras na asistencia a domicilio ou a posta en marcha dun centro de asistencia a maiores. Tamén se incrementará o investimento en infraestructuras públicas municipais, especialmente a seguridad viaria.

Os presupostos foron aprobados co voto a favor do grupo popular e o voto en contra do grupo socialista.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas