Deportes
Tendencia

O Santo Domingo a un punto da permanencia

A falta de tres xornadas para rematar a liga, o Santo Domingo está a un punto de conseguir a permanencia na liga EBA. De logralo, sería a sétima tempada consecutiva que o clube se mantén na categoría.

O reto aínda non está conseguido pero deron un paso de xigante coa vitoria da fin de semana pasada en León. Esta fin de semana visitará a cancha betanceira o líder, Ponferrada. Na penúltima xornada o Santo Domingo viaxará a Chantada para xogar contra o colíder. E pecharán a liga en Betanzos enfrontándose ao Porriño, que está xusto un posto por diante dos betanceiros na clasificación. Actualmente, o Santo Domingo Betanzos é décimo na táboa.

A actual tempada supuxo un gran desafío para o Santo trala grave lesión de Will Pereiro. O xogador reapareceu na pasada xornada contra León, logo de dez meses de calvario. Fer Vidal, outro xoven valor da canteira, retoma a competición tras dúas tempadas de lesións.

O Santo tivo que tirar de mozos de tan só 18 anos, como Jorge Sanjurjo, do debut de rapaces de tan só 16 anos, como Pablo Sanjurjo, ou do reforzo de xogadores do filial como Samu Casal. Estas incorporacións sumáronse a veteráns como Marcos Rozas e mozos da canteira xa convertidos en veteráns como Dani Martín, Pablo Fernández ou Abdou Thiam, que cumpriu a súa terceira tempada no clube.

Todo para poder loitar nunha categoría moi profesionalizada e con grandes plantillas. Agora todo está por decidir nas últimas tres xornadas. Por iso, e para animar á súa fiel afición, o Santo sorteará durante os dous últimos partidos na casa un televisor de 60″. O premio entregarase no último partido do ano contra Porriño.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas