Deportes

O equipo infantil Xadrez das Mariñas xogará a fase intercomarcal do Xogade


O equipo Xadrez das Mariñas, formado por nenos e nenas do clube Xadrez Betanzos e da Coruña, clasificouse para a fase intercomarcal do campionato escolar Xogade organizado pola Xunta.

A fase intercomarcal intercomarcal do torneo escolar Xogade de xadrez disputarase o 6 de abril na Coruña. O equipo infantil Xadrez das Mariñas clasificouse para esta competición tras gañar a fase comarcal. O alevín quedou a tan só medio punto de lograr a clasificación.
A fase comarcal celebrouse os domingos 17 e 24 de marzo en Cambre. O clube Xadrez Betanzos, integrado no XDM Xadrez As Mariñas, participou con sete xogadores en categorías prebenxamín, alevín e infantil.
En prebenxamín participaron Juan Migal Valiño, que quedou sétimo e Paula Balsa González. En categoría alevín, Mario Fernández Vázquez quedou primeiro despois de gañar as cinco partidas da competición. Tamén xogou nesta categoría Noel Balsa González.
En infantil, Nicolás Domínguez Souto gañou as cinco partidas e quedou primeiro da súa categoría. Tamén participaron Joel Armada Martínez e Jaime Pena Mosquera.
O equipo infantil foi o único que se clasificou para a intercomarcal con 15,5 puntos a 4,5 puntos dos segundos.
O alevín, pola súa parte, estivo a piques de lograr o pase, mais quedou a medio punto do primeiro clasificado.

Liga galega

Por outro lado, o Xadrez Betanzos, patrocinado por Lugami Artes Gráficas e Porto de Paula, segue a súa participación na Liga Galega. O clube compite con tres equipos, dous en Segunda División e un en Terceira.
En Segunda, o equipo A mantén as aspiracións de ascenso. Ocupa o segundo posto do seu grupo, con 20 puntos a 2 do primeiro. O Xadrez Betanzos B, encadrado no mesmo grupo, vai décimo con 13 puntos.
O equipo de Terceira, formado por nenos e nenas das escolas do clube, son oitavos con 4 puntos.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas