ComarcaMiño
Tendencia

O CPI Castro Baxoi impulsa unha iniciativa pioneira sobre a pegada ecolóxica

Concienciar á comunidade educativa sobre a importancia da nosa pegada ecolóxica e as súas consecuencias ou reducir o uso de materiais non reutilizables e altamente contaminantes son algúns dos obxectivos de Cubicaxe.GZ, un proxecto que un grupo de profesores do CPI Castro Baxoi acaba de poñer en marcha. Ao longo do curso organizaranse diferentes actividades nas que se buscará a participación de alumnado de todas as etapas. Tamén se tratará de implicar ao maior número de colectivos posible.
Traballos de limpeza, reciclado, investigación sobre a contaminación da contorna, en especial na praia. Rexistrar os diferentes residuos recollidos tanto dentro como fora do centro, utilización de envases reutilizables e bolsas de tea, son algunhas das propostas.
O proxecto do CPI Castro Baxoi conta co apoio da Anpa e do Concello de Miño. A iniciativa busca tamén potenciar actitudes positivas cara a conservación do medio. Así como manexar novas tecnoloxías e redes sociais con fins didácticos, valorar o traballo en equipo e a cooperación.
Os vindeiros meses realizaranse saídas pola contorna para realizar tarefas de limpeza, entre outras actividades como promover a recollida selectiva de pilas.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas