CoirósComarca

Coirós unificará as dúas escolas nun novo centro

Coirós disporá dunha nova escola para unificar os dous centros de Educación Infantil que hai no municipio, ubicados en Coirós de Arriba e O Fontelo.

As instalacións da nova escola de Coirós construiranse nunha parcela cedida polo Concello e cercana á gardería municipal e ao centro de saúde.
O colexio terá 455 metros cadrados cun patio cuberto de 75 metros cadrados e outro descuberto de igual superficie. Contará con tres aulas máis unha de apoio, comedor e aseos para alumnado nas aulas. Tamén haberá unha zona de administración cun despacho de dirección, outro destinado a coordinación e orientación, secretaría, arquivos e conserxería, sala de profesores, despacho para a Anpa e zona de espazos comúns.
A zona na que se ubicará o novo centro dispón de amplos viais de acceso e un área de recreo cercana. Ademais, trátase dun centro 3+6. É dicir, que estará preparado para que no futuro, se as necesidades educativas da poboación o requiren, poida acoller tamén o ciclo de Primaria.
O orzamento que a Consellería de Educación ten reservado para as obras é de cerca de 600.000 euros. O xefe territorial da Consellería, Indalecio Cabana, visitou os terreos acompañado do alcalde, Francisco Quintela, e da concelleira de educación, Yolanda Valiño.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas