Deportes
Tendencia

Carlos Arévalo á Copa do Mundo de Alemania

Pablo Fernández Presas

Intenso mes de abril para o Club Ría de Betanzos con numerosos campeonatos tanto a nivel nacional como autonómico. Cómpre destacar de entre todos o selectivo que tivo lugar en Trasona (Asturias) onde Carlos Arévalo logrou clasificarse para disputar a Copa do Mundo en Alemania despois de gañar a súa proba de K1 200 m. por diante do actual campión do mundo nesa modalidade, Carlos Garrote.

Na outra proba na que participou Arévalo, a de K1 350 m., quedou segundo. Grazas a ese segundo posto e a que o primeiro clasificado renunciou, Carlos pasará a formar parte, con outros 4 padexeiros máis, no proxecto do K4 500 m. Así, representará a España nas próximas copas do mundo, na que se clasificará para o Campeonato do Mundo e seguidamente para a participación nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

   Nos outros campeonatos celebrados ó longo do mes, temos que falar dos bos resultados que tiveron as rapazas do equipo Xuvenil logrando 4 medallas. Unha individual, Irene Lata foi bronce na Copa de España celebrada en Trasona (Asturias). E tres por equipos, Bronce para Irene Lata e Gema Alonso tamén na Copa de España de Asturias. Ouro, tamén, para Irene e Gema no Campeonato Galego de K2-C2 celebrado en Barra de Miño (Ourense). E prata para o K4 formado por Irene Lata, Gema Alonso, Carla Fernández e Andrea Rodríguez no Campeonato Galego K4-C4 celebrado en Taboada (Lugo).

   Tamén falar do K2 Veterán formado por Adolfo Monteagudo e Neftalí Paraje que conseguiron a Medalla de ouro no Campeonato Galego K2-C2 de Ourense.

 Os máis pequenos do club Náutico Ría de Betanzos, tiveron a súa primeira regata, o Campeonato Galego Xogade celebrado en O Carballliño, na que entre os bos resultados obtidos por todos, destacamos un segundo posto de Aroa Rodríguez na categoría Alevín A.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas