Actualidad Betanzos y ComarcaBetanzos
Tendencia

Betanzos estrea o corto de promoción turística do 800 aniversario

Os betanceiros e betanceiras poderán asistir esta tarde á estrea do corto de promoción turística do 800 aniversario. O filme, titulado “Unha viaxe ao interior das cousas”, ten unha duración de 9 minutos e está dobrado ao Galego, Castelán e Inglés.

O corto está concebido como unha forma diferente de promoción turística. É un percorrido pola historia da cidade no que se relata a estadía en Betanzos de dous peregrinos estranxeiros e o seu encontro cun veciño de Betanzos. Ademais de percorrer a historia de Betanzos e de amosar lugares emblemáticos, o casco histórico, o Pasatempo, as tradicións, as festas, a gastronomía, o comercio…, tamén representa unha aprendizaxe sobre o interior de cada unha das persoaxes protagonistas.

A alcaldesa, María Barral, explicou que co vídeo búscase realizar unha promoción especial de Betanzos e dos 800 anos dende o traslado desde Tiobre a Untia. María Barral comentou: “a historia está aí, só hai que saber como mirala”, dixo. “A arte gótica, o Pasatiempo, o Museo das Mariñas, a arquitectura modernista, o CIEC, a Feira Franca ou a romería a Os Caneiros… Son elementos únicos que fan diferente a unha cidade como Betanzos pero, cada un, víveo á súa maneira”, explicou.

O proxecto ten como obxetivo “atrapar aos turistas que vexan o vídeo para que queiran coñecer Betanzos e enorgullecer aos betanceiros coa súa cidade”, tal e como explicaron os creativos do filme.  O corto está producido por Marma-Creative Film Studio-, formada por Marina Pérez e Matías Losada.

Colaboracións

O vídeo contou coa colaboración de veciños, comerciantes e hostaleiros de Betanzos que permitiron rodar nos seus establecementos. Así, amósanse algún dos tesouros que esconde a farmacia de Couceiro ou un dos talleres que se imparten no Centro Internacional de la Estampa Contemporánea (CIEC) xunto á colección de gravados de Jesús Núñez.

Alfredo Erias aportou a súa colaboración no que respecta a tarefas de documentación e de gravación no Museo das Mariñas. Tamén se contou co apoio dos hostaleiros. Isto fixo posible que os protagonistas puidesen degustar a tortilla “estilo betanzos” ou as milfollas de Rábade. No corto tamén se reflicten os conciertos de Café Lanzós. Ademais, tamén se filmaron algunhas esceas do proceso de creación do Globo de Betanzos. Así, vense esceas do pintado de cuarteróns por Luis Galán ou do proceso de inflado, grazas á colaboración da Familia Pita. O deseñador betanceiro Jorge Vázquez tamén colaborou prestando un dos seus vestidos e complementos á actriz para algunhas das esceas do filme. 

A alcaldesa, María Barral, agradeceu a colaboración de “todas as persoas que fixeron posible a gravación deste vídeo que cremos que vai chegar ao corazón dos betanceiros e betanceiras”, dixo.

O corto do 800 aniversario difundirase a través das redes sociais oficiais do Concello e da web municipal. Estrearase hoxe ás 20.00 horas no Cinema Alfonsetti, xusto antes da proxección da película “Dhogs”, dirixida por Andrés Goteira. Precisamente, o director estará presente no pase, xunto a Antonio Durán “Morris”, Suso López e Laura Doval.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas