BergondoComarca

Bergondo destina 47.500 euros a convenios con entidades de iniciativa social

O Goberno Local de Bergondo asinou os convenios de colaboración con seis entidades de iniciativa social. Con esta finalidade destina 47.500 euros do orzamento deste ano.
Coa sinatura dos convenios búscase que os colectivos cos que colabora o Concello consigan diferentes obxectivos. Por exemplo, introducirse no mercado laboral, mellorar a súa inserción e facilitar formación en diferentes especialidades. Tamén se procurará apoiar para buscar solucións a diferentes tipos de situacións familiares ou de saúde persoal.
En concreto, asináronse acordos coa Asociación de Pais de Nenos e persoas con discapacidade das Mariñas Coruñesas, “Dimascor,” coa Asociación adicada aos trastornos de persoalidade “TP Galicia”, coa Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos “Aspadisol”, coa Asociación de pais de Persoas con Parálise Cerebral “Aspace”, coa Asociación Pro Enfermos Mentais de A Coruña “Apem” e coa Asociación de pais de nenos con trastorno de déficit de atención con/sin hiperactividade “Anhida”.
Ademais do apoio económico, o Concello comprométese a ceder espazos ás entidades e a ofrecer a colaboración necesaria. As entidades, pola súa parte, colaboran tratando a persoas usuarias do municipio. Tamén poden apoiar con outro tipo de accións, como é o caso de Apem, que leva a cabo o servizo de limpeza viaria e de zonas verdes. Ou Aspadisol, que relizan labores de limpeza, fomentando así a súa inserción sociolaboral.

Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas