BetanzosGuía do Lecer
Tendencia

A mostra fotográfica de Ruth Matilda Anderson poderá visitarse ata o 5 de maio no Edificio Arquivo

A exposición “Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia” estará en Betanzos ata o vindeiro 5 de maio. O edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia acolle esta mostra que chegou a Betanzos froito dun acordo entre ABANCA, Afundación e o Concello.

Os fondos da exposición proceden da prestixiosa institución neoiorquina “The Hispanic Society of America”. As imaxes seleccionadas para formar parte da mostra corresponden ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia, entre os anos 1924 e 1926.

Durante a súa estadía en Galicia, Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións. A primeira foi en entre 1924 e 1925 acompañada de seu pai e a segunda entre 1925 e 1926 coa súa compañeira investigadora Frances Spalding.

Esta exposición poderá visitarse na Sala Jesús Núñez do Edificio Arquivo en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas de luns a venres. Os sábados o horario de visitas é de 11.30 a 14.00 horas.

Por outro lado, a Área Educativa de Afundación deseñou didácticas adaptadas a diferentes idades, desde primeiro de infantil ata bacharelato e ciclos formativos. Así, os estudantes de Betanzos e da comarca poderán participar en tres didácticas. Os de infantil ata 3º de primaria na titulada “Viaxando da man de Antón, o fillo do afiador”. Os de 4º de primaria ata 2º de Eso en “Betanzos 1924”. E os de 3º, 4º de Eso, Bacharelato e ciclos formativos en “Unha mirada de antano”.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas