AbegondoComarcaDeportes
Tendencia

A III Hitachi Air Cup de Abegondo será internacional

Este ano a III edición do torneo de fútbol Hitachi Air Cup terá dimensión internacional. Ducias de equipos de categoría benxamín galegos, españois e europeos daranse cita en Abegondo para disputar este campionato

O San Tirso S.D. organiza, en colaboración co Concello de Abegondo e co R.C. Deportivo da Coruña a III Hitachi Air Cup na que este ano participarán tamén equipos doutros países. Así, contarase coa presenza de conxuntos do nivel do Real Madrid C.F., do Club Atlético de Madrid, do Real Oviedo S.A.D. e do F.C. Porto, entre outros.

A fase previa disputarase os días 20 e 21 de abril e será clasificatoria para a fase final que se celebrará o 2 de xuño. O formato da competición consistirá en catro previas con oito equipos divididos en dous grupos. Clasificaranse os dous primeiros de cada grupo para as semifinais.

O torneo presentouse na Casa Consistorial de Abegondo. Ao acto asistiu o alcalde, José Antonio Santiso Miramontes. Tamén estiveron os responsables do servizo de Deportes do Concello, Isabel Rodríguez e Daniel González, o presidente do San Tirso S.D., Carlos Fernández, o tesoureiro, José Manuel Calviño, e o coordinador de fútbol base do Real Club Deportivo da Coruña, Albert Gil.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas