AbegondoComarca
Tendencia

A Festa do Maior de Abegondo xuntou a medio milleiro de persoas

Medio milleiro de veciños e veciñas de Abegondo participaron na XXVIII Festa do Maior. O evento, que se celebrou o 25 de abril, coincidiu tamén coa celebración do patrón da localidade, San Marcos.

A Festa do Maior celebrouse nesta ocasión no Restaurante El Pantano, onde as persoas asistentes compartiron unha xornada de confraternidade.

O menú estivo composto por empanada, ensaladilla, carne asade e de postre milfollas. Ademais do xantar, houbo actuacións ao longo da xornada.

Así, a Banda de Música de Abegondo ofreceu un concerto durante a celebración. Tamén actuaron Carlos Manteiga e Melchor, que amenizaron o baile da sobremesa.

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes, participou tamén na Festa do Maior e agradeceu ás persoas asistentes a súa presenza no evento. Santiso destacou “o espíritu e a vitalidade dos maiores de Abegondo que se confirma coa súa implicación nas actividades que organiza o Concello ao longo do ano”, dixo. Por outro lado, tamén asistiron á festa a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e varios dos concelleiros e concelleiras do grupo de goberno municipal.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas