Actualidad Betanzos y Comarca
Tendencia

400 rapaces e rapazas participarán nos campamentos deportivos da Deputación

Un total de 400 rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia participarán este verán nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña. Poderán solicitar a súa praza nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade. As solicitudes realizaranse nos respectivos concellos antes do 31 de maio.

Os campamentos deportivos da Deputación desenvolveranse durante o mes de xullo en catro quendas de cinco días de duración. En cada quenda asistirán un cento de rapaces e rapazas que se aloxarán nas instalacións do Centro Calvo Sotelo da Coruña.

Actividades

O prezo de inscrición é de 85 euros por persoa e inclúe a estadía, a manutención e as actividades organizadas. Os participantes poderán practicar deportes náuticos, tenis, natación, etc.

Tamén se organizarán xornadas de praia, roteiros de sendeirismo e visitas culturais a lugares de interese como a Torre de Hércules, ao Castelo de San Antón ou ao Aquarium Finisterrae. Por outro lado, haberá obradoiros e outras actividades, ademais de veladas nocturnas con xogos que fomenten a convivencia.

Catro quendas

Os campamentos desenvolveranse entre o 30 de xuño e o 26 de xullo en catro quendas de cinco días. En cada quenda poderán participar un cento de rapaces e rapazas.

Así, os nenos e nenas da comarca de Betanzos repartiranse en dúas quendas. Aos rapaces e rapazas dos municipios de Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne, Pontedeume e Vilarmaior correspóndelles a segunda quenda, entre o 7 e o 12 de xullo. Na terceira quenda, do 14 ao 19 de xullo, acudirán os nenos e nenas de Aranga, Bergondo, Coirós, Curtis, Oza-Cesuras, Sada, Sobrado e Vilasantar.

Para informarse ou para realizar as correspondentes inscricións poden consultar nos respectivos concellos. O prazo de inscrición estará aberto ata o 31 de maio.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas