CoirósComarca

400 persoas asistiron á Festa do Pensionista de Coirós

Ao redor de 400 persoas participaron na Festa do Pensionista organizada polo Concello de Coirós. O evento celebrouse na xornada do venres 10 de maio nas instalacións do polideportivo municipal de A Cortella.

A festa comezou a redor das 12:30 horas coa chegada das persoas asistentes. Así, o alcalde, Francisco Quintela, acompañado do resto da Corporación municipal, foi recibindo aos veciños e veciñas que se achegaron para participar no evento. Logo da recepción celebrouse o tradicional xantar de confraternidade. Ademais, trala sobremesa houbo sesión de baile ata ben entrada a tarde.

Ás 19:00 horas un servizo de autobús levou ás persoas que así o solicitaron de volta aos seus domicilios. Este servizo de transporte que o Concello de Coirós pon á disposición dos asistentes é usado cada ano por máis persoas para asistir á festa do pensionista, tal e como comentaron fontes municipais.

Etiquetas
Mostrar más

www.motivvia.com

motivVía, Desarrollo Web y Publicidad www.motivvia.com

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Por favor, considere ayudarnos desactivando su bloqueador de anuncios
Ir a la barra de herramientas